Martínez Sanjurjo: "No PP somos xente de palabra"
Logo da denuncia do silencio do xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, respecto dos investimentos prometidos pola Xunta de Galicia no CEIP Campomaior, o Partido Popular de Ordes reitera que a Xunta de Galicia "investirá un total de 50.000 euros en diferentes actuacións
para a mellora da dotacións" do centro.
A decisión, comunicada no seu
momento pola Xunta de Galicia á comunidade escolar, foi reiterada pola candidata do PP ao
Parlamento de Galicia e ata hai pouco delegada territorial da Xunta de
Galicia na Coruña, Belén Do Campo, no transcurso dun mitin celebrado no Mesón
do Vento coa asistencia de 250 persoas.
O Partido Popular de Ordes valora o interese e a implicación da ANPA do CEIP Campomaior de cara a conseguir melloras para o centro, actitude que sempre contará co pleno respaldo e a comprensión do PP.
Así, e sempre segundo o PP de Ordes, as obras proxectadas permitirán mellorar o equipamento do
centro, con novos baños e outras dotacións adicionais. As actuacións
anunciadas iniciarase coincidindo coa
proximidade das vindeiras vacacións de Nadal, para evitar interferir no normal
desenvolvemento da actividade escolar.
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“No PP somos xente de palabra, cun equipo que só se compromete a executar o que pode pagar, polo que o investimento no CEIP Campomaior está fora de toda dúbida”
*