miércoles, 3 de octubre de 2012

Abertas as novas salas de musculación e cardiovascular do ximnasio municipal

O ximnasio municipal Iván Raña de Ordes conta con doce máquinas cardiovasculares e dezasete de pesas.


O Concello de Ordes amplía as instalacións en 130 novos metros cadrados

O horario de apertura é de luns a sábado de 08:00 a 14:00 e de 16:00 a 23:00 horas, e os domingos de 10:30 a 13:00 horas

O Concello de Ordes ven de mellorar as instalacións do ximnasio municipal Iván Raña, que xunto coa piscina climatizada son utilizadas por máis de 1.300 persoas do municipio e doutras zonas próximas. Así, decenas de usuarios disfrutan xa da remodelación e ampliación deste espazo adicado ao deporte e á saúde, que dende onte conta con 130 metros cuadrados máis. odas poderán facer uso delas nun horario que de luns a sábado vai de 08:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 23:00 horas e os domingos de 10:30 a 13:00 horas.

Cun orzamento de máis de 55.000 euros, transformouse unha zona axardinada colindante nunha nova sala na que xa se poden realizar exercicios cardiovasculares e de musculación. Deste xeito instaláronse cintas, bicicletas ou steps, ademais de aparatos de pesas, propicias para traballar distintas partes do corpo a distintos niveis. 

Equipación do ximnasio
Así, o ximnasio conta con máis dunha ducia de máquinas cardiovasculares e dezasete de pesas, aos que hai que engadir unha extensa equipación de mancuernas. Co fin de prestar o mellor servizo as instalacións están dotadas de monitores que en todo momento asesoran aos usuarios.

Para poder lograr estes obxectivos, dende o Goberno municipal deuse o visto bo a unhas obras que supuseron a instalación de vigas de arrastre, de estructuras metálicas, paredes e cubertas, falsos teitos e amplos ventanais de cristal e aluminio, o que aporta luz natural a todo o espazo co conseguinte aforro enerxético. A colocación de canelóns e baixantes completaron esta intervención que onte recibía aos seus primeiros usuarios. 

Os máis pequenos estreáronse no seu primeiro día do curso de natación na piscina climatizada de Ordes.
Programa de actividades
Dende o departamento de Deportes do Concello de Ordes ofértanse clases de aerobic, aerobic infantil, tonificación, step, bailes latinos, high fit, jump fitness, cardio box, aerostep, interball, aquagym, streching e acondicionamento físico senior. Cabe engadir os cursos de natación que teñen lugar na piscina climatizada e que onte deron comenzo tal e como se tiña programado e con todas as prazas ofertadas cubertas.

*