“Estas son as consecuencias das
arroutadas do alcalde”, afirma Martínez Sanjurjo
O PP de Ordes informou onte que "tan só unha semana despois de
asegurar no Pleno municipal que o Concello de Ordes ía respectar as condicións
laborais do persoal da piscina climatizada logo de rescindir o contrato da
empresa concesionaria, o Goberno de Regos xa está a incumprir a palabra dada".
Os traballadores, que estes
días están a ser citados no Concello, aseguran os populares, "sufrirán un grave deterioro das súas
condicións laborais, xa que no lugar dunha subrogación deberán asinar novos
contratos nos que non se lles respectan dereitos adquiridos, como a
antigüidade".
Evitar despedimentos
Ante esta situación, o Partido
Popular de Ordes advirte que adoptará unha "actitude vixiante" para evitar que o
Concello "poda lesionar as condicións laborais dos traballadores da piscina e impedir
que se produzan despedimentos".
A decisión do Concello de Ordes
de rescindir o contrato coa concesionaria da piscina climatizada e asumir
directamente a xestión do complexo ten provocado serias tensións no seo do
equipo de Goberno, dado o difícil encaixe legal da medida, e así ten sido
acreditado polo Partido Popular.
José Luis Martínez Sanjurjo (PP). |
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes
“Estas son as consecuencias das arroutadas do alcalde e da vicealcaldesa, que toman decisións caprichosas, sen reflexionar sobre as consecuencias legais e laborais que se poden derivar de tales medidas”
*