Entre outros figuran cursos
de informática, fotografía dixital, arte floral ou tenis de mesa
Clases de estimulación
temperá para bebés e de adestramento canino son as novidades deste ano
O próximo xoves 25 de outubro finaliza o prazo de
inscrición para poder participar nas actividades comprendidas dentro do
circuito cultural e deportivo organizado polo Concello de Ordes.
Este ano ofértanse clases de
informática, fotografía dixital, arte floral, cociña, estimulación temperá para
bebés (xogos, masaxes...), xabróns artesanais, xoiería e bisutería,
adestramento canino, tenis de mesa e cursos medioambientais.
Inscricións
Os interesados
poderán anotarse ou obter máis información do departamento de Cultura e Deporte
do Concello, situado no primeiro andar da Casa do Concello, o ben chamando ao 981 680002.
*