O centro exhibe unha mostra de obras
de terror orientada a xente de todas as idades, na que se poden ver as obras
máis vendidas dos últimos anos
Co gallo da celebración do samaín
a biblioteca municipal de Ordes exhibe estes días unha nova decoración. Morcegos,
vampiros, fantasmas, seres de ultratumba, meigas, monstruos e as típicas
cabazas laranxas colgan das paredes do centro. Sen dúbida trátase do mellor
marco para a exposición de libros, cómics e novelas de terror e misterio dirixida
a xente de todas as idades que se está a levar a cabo estes días.
Clásicos da literatura
Nela, ademais
dos títulos clásicos como Drácula, O Lobisome ou Frankenstein, tamén se poden
atopar as obras máis vendidas dos últimos anos. Algunhas destas foron adaptadas
ó cine e á televisión cun enorme éxito, como o é o caso da saga Crepúsculo ou
da serie Sangre fresca.
*