Alberto Núñez Feijóo e os dirixentes populares participantes no mitin do Partido Popular, onte en Ordes. |
Martínez Sanjurjo: "A Xunta de Galicia gobernada polo PP foi quen paga as obras que se fixeron en Ordes"
Diego Calvo: "En Galicia non pode pasar como nas eleccións de Andalucia; nos xogamos o noso futuro"
Alberto Núñez Feijóo asegurou que Galicia "paga aos seus acredores"
O Partido Popular celebrou na noite de onte o seu mitin central electoral en
Ordes coa presenza do candidato á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Ante preto de 800 persoas, a intervención de Feijóo estivo precedida polas
exposicións do portavoz municipal popular, José Luis Martínez Sanjurjo, o
presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o candidato ao Parlamento de
Galicia, Pedro Puy. Entre o público asistente, déronse cita na discoteca LP-45
os alcaldes de Trazo, Tordoia ou Frades, ademais dos portavoces populares de
Oroso e Mesía.
Martínez Sanjurjo lembrou aos asistentes os logros do Partido Popular en
Ordes como principal pagador de todas as obras que se levaron a cabo durante os
últimos anos. Ademais, alerou dos perigos que un “muchipartido” levaría a unha
Xunta de Galicia “á desgraza”. Fronte a esta amenaza, Sanjurjo definiu ao
candidato dos populares, Alberto Núñez Feijóo, coma “un home de palabra”.
O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, durante a súa intervención. |
"Apoio a un Goberno sólido"
Pola súa parte, o presidente da Deputación, Diego Calvo, exclamou que agora
“non se poden tirar catro anos de traballo pola borda” e que resulta “trascendental”
o apoio a un “Goberno sólido” coma o do Partido Popular. “Nestes catro anos a
nosa prioridade foron os cidadáns, por iso a nosa decisión foi a de gastar
menos no Goberno e máis nos nosos veciños”, asegurou Calvo.
“Galicia é unha
referencia para o resto das Comunidades Autónomas. En Galicia todos os
funcionarios cobran os seus salarios, e mentres outros pechan hospitais, nós
ampliamos o da Coruña e abriremos un novo en Vigo”, afirmou. “Nós deixamos de
gastar o que non se ten e pagamos todo o que se debe. Ninguén nos pode acusar
de non pagar o que debemos, e por iso, pedimoso voto agora, orgullosos do noso
traballo”.
Podes ver o video do mitin premando baixo estas liñas:
"Galicia se merece un presidente como Feijóo"
Tamén alertou Diego Calvo de non confiarse na victoria que dan as enquisas.
Lebrou que en Andalucía tamén se daba por gañador ao popular Javier Arenas e
finalmente non foi así. “Isto non pode pasar en Galicia, porque xogámonos o
noso futuro. Un partido serio e responsable que se enfronta a unha amalgama de
marcas electorais que unicamente buscan o reparto do botín”, afirmou, para
concluir que “Galicia se merece un presidente como Alberto Núñez Feijóo”.
O candidato ap Parlamento Pedro Puy comezou a súa exposición ofrecendo cifras
comparativas entre o Bipartito e o Goberno de Núñez Feijóo. Así, segundo Puy, “o
PP atopouse cun déficit de 19 mil millóns de euros herdados do Goberno bipartito”,
unha lexislatura na que a débeda galega “creceu en 800 millóns de euros”
durante o goberno PSOE-BNG.
Pola contra e segundo Puy, “o Goberno de Núñez
Feijóo priorizou o gasto social, creáronse dezasete centros de saúde e dos
hospitais, somos a Comunidade Autónoma con menos alumnos por aula, e baixou o
fracaso escolar”. Respecto ás pensións, Puy Fraga asegurou que “non existe
ningún dato que diga que as pensións en Galicia vaian baixar”.
Feijóo: "Galicia paga aos seus provedores"
A poucos minutos das once da noite, o candidato á Presidencia da Xunta de
Galicia, Alberto Núñez Feijóo, facía entrada no recinto entre os aplausos dos
asistentes. Feijóo asegurou que “Galicia paga aos seus provedores, sendo unha das
Comunidades con menos débeda de España”.
Feijóo recoñeceu que “efectivamente, non cumprimos con todos os nosos compromisos, pero podo asegurarvos que si cumprimos co noso deber”, asegurou. “O trato con Galicia non era gastar o que non tiñamos, e iso fixemos. Xestionamos a confianza das galegos co maior rigor e responsabilidade”, asegurou.
O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, onte en Ordes. |
Feijóo recoñeceu que “efectivamente, non cumprimos con todos os nosos compromisos, pero podo asegurarvos que si cumprimos co noso deber”, asegurou. “O trato con Galicia non era gastar o que non tiñamos, e iso fixemos. Xestionamos a confianza das galegos co maior rigor e responsabilidade”, asegurou.
Bipartido máis dividido
Respecto ao resto das forzas concurrentes ás eleccións, Núñez Feijóo
asegurou que “o bipartito está hoxe máis dividido que nunca, máis enfrontado e
menos cohexionado que fai catro anos. Un presidente da Xunta ten que ter
a competencia de formar un Goberno. Ninguén dos outros cinco partidos sabe a quen pode nomear”. Nun simil,
Feijó afirmou que “non se pode conducir un tractor con cinco conductores”. Finalmente, o candidato do Partido Popular
dixo que “Gobernar non é gastar; estamos mal, pero imos ben”.
*