O grupo de novos graduados da ESO xunto aos concelleiros Silvia Marín e Ramón Vázquez. |
Ordes sitúase como un dos municipios con mellores resultados da provincia
Silvia Marín: "Acadar un título académico coma este pon de manifesto o afán de superación que posúe cada un destes alumnos"
Un total de 14 alumnos recibiron
onte os diplomas acreditativos do Curso de Graduado Escolar para Adultos tras a
convocatoria do pasado mes de setembro. Esta cifra, unida ós aprobados do
pasado mes de abril, tradúcese en preto dun 90% de aprobados cun total de 51
alumnos matriculados. Por elo o Concello de Ordes sitúase unha vez máis entre
os municipios con mellores resultados da súa contorna, posicionándose incluso
por diante de Santiago. Por materias no caso de Ciencias Sociais e Lingua hai
que falar dun 80% de aprobados, mentres que na rama de Tecnoloxía esta
porcentaxe sitúase no 60%.
A media de idade do grupo ordense sitúase nos 35 anos. Cada un destes
alumnos recibiu unha media de dez horas de clase semanais no local do Punto de
Encontro, situado na rua Luis Xoxardo. Entre outras ventaxas a obtención deste
título oficial suponlles o acceso inmediato a moitos ciclos formativos, algús
dos cales podem cursar no mesmo municipio, concretamente no IES Nº 1. Este é o
caso dos alumnos que xa están acudindo ás clases do ciclo medio de Xestión
Administrativa ou de Electromecánica de Vehículos.
Tanto a tenente alcalde e concelleira de Educación de Ordes, Silvia Marín, como o
concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez, acompañaron ós alumnos e as profesoras
no acto de entrega de diplomas. No encontro, que tivo lugar nos baixos da Alameda, a
tenente alcalde tamén lles lembrou a posibilidade que agora teñen de obter a
titulación de nivel 4 de Celga en língua galega.
Marín tamén adiantou que dende
o Concello tense previsto abrir a partir do mes de novembro unha nova convocatoria
orientada a adultos para obter o Graduado Escolar.
Silvia Marín. |
As frases de Silvia Marín, tenente de alcalde e concelleira de Eucación de Ordes
"Vos animo para continuar coa vosa formación académica co fin de conseguir un posto de traballo, sobre todo tendo en conta que o mercado laboral cada vez require de man de obra máis cualificada e preparada”
"Acadar un título académico coma este pon de manifesto o afán de superación que posúe cada un destes alumnos e alumnas”
*