"Galicia é a Comunidade Autónoma máis solvente de España", asegurou a candidata Paula Prado
O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, animou onte aos
asistentes a un mitin político celebrado en Montaos, a "facer memoria" e recordar o que sucedía en Galicia co bipartito de
Touriño e de Quintana. “Repartiron a Xunta para poder fardar dun coche máis
caro que o de Obama, no caso de Touriño, ou para desviar autobuses de xubilados
para levalos a un mitin do BNG, como fixo Quintana.
Eso sí, deixaron pufos e
facturas sen pagar por todas partes”, aseverou o popular. “Se iso
sucedeu cun bipartito, que non acontecerá cun muchipartito remexido e
competindo en sí por un cacho de tarta da Xunta?”, preguntou.
Sopa de
siglas
Na súa
intervención, o portavoz municipal amosouse convencido de que a cita electoral do próximo 21 de outubro "será unha das máis importantes da historia de Galicia". Nestes comicios agregou Martínez Sanjurjo, "debemos decidir
entre continuar cun Goberno serio, responsable, respectado e recoñecido fóra de
Galicia; un Goberno con sentidiño; ou desbotar todo o feito ata o de agora para
que unha suma de siglas faga saltar todo polos aires”.
Tamén asegurou que "a diferencia
do que está suceder noutras Comunidades, en Galicia, Feijóo pagou as débedas
herdadas e fixo fronte aos compromisos adquiridos, como o que é: un home de
palabra”-
Actualización do IBI
Martínez
Sanjurjo foi precedido polo concelleiro popular José Manuel Mira, quen apelou ao
voto útil onas vindeiras autonómicas, ademais de aclarar, diante dos
asistentes, que "a actualización do Imposto de Bens Inmobles (IBI) que está a
xerar un notable malestar veciñal, é consecuencia exclusiva dunha decisión do
Concello de Ordes".
Esta
afirmación foi refrendada polo presidente da Deputación Provincial da Coruña,
Diego Calvo, quen aclarou que, neste asunto, "a Administración provincial se
limita a recadar o importe que fixa en exclusiva o Concello de Ordes".
Felicitou
tamén Calvo Pouso ao PP de Ordes polo traballo que está a desenvolver e
agradeceu a participación veciñal que se está a rexistrar nos actos organizados
estes días polos populares galegos co obxectivo de conseguir a reelección de
Feijóo como presidente da Xunta.
Diego Calvo
explicou que nas vindeiras eleccións autonómicas, os galegos deben elixir entre
recoller os froitos da xestión responsable de Feijóo, cunhas finanzas públicas
saneadas, ou un conglomerado de siglas presidido por un candidato ao que
rexeitan incluso no seu propio partido. “Ou goberna o PP ou goberna o caos”,
concluíu Diego Calvo.
Pola súa
banda, Paula Prado, candidata do PPdeG ao Parlamento de Galicia explicou que a
xestión desenvolvida nesta lexislatura polo presidente Feijóo converteu a
Galicia na Comunidade máis solvente de España. Por iso, na súa opinión, “somos
máis libres porque podemos xestionar os nosos cartos sen que ninguén nos diga
como facelo”, e calquera outra opción distinta ao PP implicará dar pasos atrás
e perder oportunidades.
Martínez Sanjurjo, do PP de Ordes. |
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Galicia debe elixir entre un Goberno responsable, que xestiona os cartos públicos como o que son, os cartos de todos e cada un de nós; que non gasta o que non ten, e que paga as súas facturas; ou un remexido de siglas que nin comparten programa, nin ideoloxía, nin principios. Non comparten máis que o obxectivo de chegar á Xunta para repartirse o botín”
“Aquí non se pechan quirófanos, nin os nenos teñen que levar fiambreira aos colexios, como sucede en Cataluña, onde tamén tiveron un tripartito, ao que seguiu a xestión irresponsable dun Goberno nacionalista”
*