Miguel Prado Patiño, terceiro pola dereita, onte cos alcaldes da Mancomunidade de Municipios de Ordes. |
O alcalde de Frades, Roberto Rey, tomou posesión
do seu cargo na sesión plenaria ordinaria de onte
Os sete alcaldes da
Mancomunidade de Municipios de Ordes participaron na mañá de onte nunha pequena
homenaxe que a entidade supramunicipal quixo ofrecer a Miguel Prado Patiño, un
dos membros fundadores da Mancomunidade e presidente da mesma entre os anos
2003 e 2011. Un posto que Miguel Prado deixou hoxe logo da súa renuncia como
alcalde de Frades, realizada por incompatibilidade coa súa inclusión nas listas
electorais ao Parlamento de Galicia polo Partido Popular pola Coruña.
Miguel Prado agradeceu a
placa conmemorativa entregada polos seus compañeiros e destacou o traballo da
Mancomunidade de Ordes xa que “xuntos podemos optimizar os servizos e
prestarlles a mellor atención posible aos cidadáns”. Ao acto asistiron os sete
alcaldes da comarca de Ordes: José García
Liñares (Cerceda), Roberto Rey Martínez (Frades), Mariano Iglesias Castro
(Mesía), Manuel Regos Boquete (Ordes), Manuel Mirás Franqueira (Oroso), Antonio
Pereiro Liñares (Tordoia) e Xosé Dafonte Varela (Trazo).
O Pleno da Mancomunidade deu a benvida ao seu novo membro, Roberto Rey Martínez, novo alcalde de Frades. |
Un novo membro
Previamente á homenaxe,
o pleno da Mancomunidade de Municipios de Ordes celebrou a súa sesión ordinaria
de outubro, na que tomou posesión como novo membro o alcalde de Frades, Roberto
Rey Martínez. Na sesión acordouse solicitar unha subvención á Consellería de
Traballo e Benestar para a contratación dunha axente de emprego e
desenvolvemento local.
*