Serán dezaoito as horas de formación presencial
Máis información no departamento de Emprego e Formación e nos teléfonos 981 680002 e 981 680157
O Concello de Ordes ven de convocar
nestes días a segunda convocatoria para o curso de condución de carretillas.
En total son dezaoito horas de formación presencial nas que se inclúen ademais de
coñecementos teóricos unha parte práctica que se desenvolverá nas instalacións
do mercado de gando, ubicadas en Mesón do Vento.
Os interesados poden inscribirse
xa no departamento de Emprego e Formación, situado no primeiro andar da Casa do Concello, ou ben obter máis información se a precisan a través dos
números 981 680002 ou 981 680157. Dita información tamén se pode consultar na
web do Concello www.concellodeordes.com.
*