Momento da celebración dun curso de manipulador de alimentos do Concello de Ordes. |
Inscricións na Casa do Concello e nos teléfonos 981 680002 e 981 680157
As aulas da Casa da Cultura do
Concello de Ordes acolleu esta tarde ven un novo curso de manipulador de
alimentos. A duración deste curso é de dez horas en total, tres das cales son
presenciais mentres que as restantes poderán ser seguidas a través de Internet.
En total son quince persoas as
que están a obter este título, que xa resulta imprescindible para poder
traballar no sector da hostelaría e noutros postos relacionados coa industria
alimentaria.
Cabe destacar o enorme interés que ditos cursos están a suscitar
entre os veciños e veciñas de Ordes, que cada convocatoria ven como as aulas
están máis concurridas.
Carretilleiro
Por outra banda tamén está aberta a segunda convocatoria para o curso de
conducción de carretillas, que terá lugar os días 23 e 24 de novembro. En total
son 18 horas de formación presencial nas que se inclúen, ademais de coñecementos
teóricos, unha parte práctica que se desenvolverá nas instalacións do mercado
de gando, ubicadas en Mesón do Vento.
Deste xeito durante o primeiro día e de 16:00 a 20:00 horas os inscritos
terán que acudir ás clases que se impartirán nos baixos da Alameda. Xa ó día
seguinte as instalacións do mercado de gando do Mesón do Vento serán o punto de
encontro para levar a cabo as prácticas.
Os interesados en inscribirse pódenno facer no departamento de Emprego e
Formación, situado no primeiro andar da Casa do Concello, ou ben obter
máis información a través dos teléfonos 981 680002 ou 981 680157. Dita
información tamén se pode consultar na web do Concello www.concellodeordes.com.
*