Logo da polémica sobre a participación ou non do PP e do "veto" popular a Gonzalo Castro, o encontro terá lugar o xoves 18 ás 21:00 horas na Casa da Cultura
A entrada é totalmente libre e gratuita para todos aqueles que queiran participar como público
Co gallo das eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o próximo domingo 21 de
outubro, Radio Ordes celebrará dous encontros entre diversas forzas concurrentes ás furnas. O primeiro deles terá lugar o mércores 17 ás 21:00 horas e participarán representantes de Converxencia XXI, Compromiso por Galicia (CxG) e Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Aínda está pendente a confirmación de UPyD. A citaserá retransmitida en directo a través do dial 107.3 FM, así como polo seu
blog (www.radioordes.com).
O día seguinte, xoves 18 ás 21:00 horas, será o turno para as tres forzas parlamentarias: PP, PSdG-PSOE e BNG. Os participantes nesta ocasión serán Miguel Prado Patiño (PP), candidato ao Parlamento e
exalcalde de Frades; Xesús Pedreira (PsdeG-PSOE), secretario xeral da Agrupación local socialista de Ordes e
tamén candidato ao Parlamento; e Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, que logo de denunciar un "veto" do PP a súa participación, estará finalmente fronte aos micrófonos de Radio Ordes.
Programación especial das eleccións
O mesmo domingo 21, días das eleccións, a partir
das 22.30 horas, Radio Ordes emitirá un programa especial no que se ofrecerán os resultados oficiais. Entre outros datos se especificarán os datos de cada mesa
electoral ubicada no noso concello, ademais de contar coas valoracións e primeiras
impresións dos principais líderes políticos do municipio.
*