A 'aula de concienciación en reciclaxe para adultos' contará cun espazo de case cen metro cadrados
A Alameda de Ordes albergará este
sábado unha carpa de reciclaxe
que poderá visitarse completamente de balde de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A idea
principal é a de concienciar á población sobre a recollida selectiva e a
reciclaxe, á par que se intenta reducir o nivel dos impropios depositados
nos contedores específicos para cada
material. Para elo explicarase de xeito sinxelo, didáctico e atractivo cómo
levar unha correcta separación dos residuos domésticos e en qué contedor deben
depositarse.
A chamada ‘aula de concienciación en reciclaxe
para adultos’ contará con case cen metros cadrados perfectamente ambientados
para a ocasión, con sistemas informáticos e material académico. Cos datos que
se obteñan en cada un dos municipios visitados elaborarase un informe xenérico.
Medidas útiles
Con él preténdense deseñar medidas útiles para o reducción de impropios, que no
caso de Galicia se sitúan nun 30-35%. Segundo
datos de Ecoembes, o 23% dos residuos do contedor amarelo (envases de
plástico, latas e bricks) e o 2% do contedor verde (residuos non reciclables)
son impropios.
A visita desta aula ao Concello de Ordes é froito do traballo realizado
dende o Departamento de Medio Ambiente, dentro da súa línea de actuación para a
concienciación e ensino neste tipo de actuacións, coas que se persegue
preservar o noso entorno. Avalando dito proxecto está a Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, así como Ecoembes.