lunes, 1 de octubre de 2012

Cruz Vermella entregou material escolar a 28 escolares de Ordes

O material entregado solidariamente polos veciños foi entregado a dezasete familias de Ordes.

Froito dunha iniciativa solidaria desenvolvida nas librerías e papelerías do municipio

Cruz Vermella Ordes ven de facer entrega a un total de dezasete familias do material acadado na campaña de recollida de material escolar. Unha iniciativa solidaria que se desenvolveu nas librerías e papelerías do municipio durante todo o verán. 

A xenerosidade dos veciños e veciñas de Ordes posibilitou que 28 nenos e nenas de entre 3 e 16 anos conten con libretas, bolígrafos, gomas, axendas, ceras e lápices no seu inicio de curso. Dada a gran aceptación e colaboración, tanto por parte da veciñanza como dos establecementos participantes, Cruz Vermella Ordes ten previsto volver a levala a cabo de cara ó vindeiro ano. 

*