sábado, 13 de octubre de 2012

Obradoiros didácticos, material audiovisual e as explicacións na carpa de reciclaxe



A Alameda acolleu esta iniciativa a favor do medioambiente

A Alameda de Ordes acolleu no día de hoxe unha carpa de reciclaxe na que veciños, veciñas e visitantes aprenderon de primeira mana a reciclar correctamente. Entre os obxetivos desta iniciativa está a concienciación dos beneficios que aporta á sociedade e ó medio ambiente a recollida selectiva e a reciclaxe, á par que se intenta reducir o nivel dos impropios depositados nos  contadores específicos para cada material.

Para unha correcta asimilación dos contados e ideas exportas empregouse tanto material audiovisual como sesións informativas teórico prácticas e obradoiros creativos nos que se empregaron con materiais reutilizados. Unha metodoloxía coa que tamén se pretende paliar as consecuencias da cultura do ‘usar e tirar’ que impera na sociedade actual do benestar


Agasallos
Libremente cada visitante poderá avaliar os coñecementos adquiridos coa axuda dun monitor especializado, feito polo que se lles entregará un agasallo en desposta a seu interés e colaboración.

A visita desta aula ao Concello de Ordes é froito do traballo realizado dende o Departamento de Medio Ambiente, dentro da súa campaña informativa para a concienciación e ensino deste tipo de actuacións. Avalando dito proxecto está a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, así como Ecoembes

*