jueves, 18 de octubre de 2012

O Consello Escolar do Campomaior denuncia as "promesas" de Indalecio Cabana co seu centro

Indalecio Cabana, xefe territorial de Educación.
O xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia visitou o centro en marzo e "garantiu" unhas melloras a día de hoxe inexistentes

O Consello Escolar do CEIP Campomaior ven de solicitar ao xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana "que realice canto antes as obras de mellora no centro" que "prometeu" durante a súa visita ao centro de ensino no pasado mes de marzo. 

Cabana "indicou que non era posible facer unha ampliación, por razóns orzamentarias, pero si as modificacións que se lle pediron", sinala Mercedes Barros, presidenta do Consello Escolar do centro de ensino ordense. 

En concreto, se trata da adaptación dos baños das aulas de Educación Infantil, o traslado da aula de informática a outra dependencia, unha nova dotación de ordenadores, unha cuberta do paso do alumnado de transporte e outra para o patio de Educación Infantil. 

Promesas
Segundo denuncia agora o Consello Escolar, nunha "recente entrevista" que concedeu á dirección e a representante da Asociación de Nais e Pais (ANPA), Indalecio Cabana "seguiu prometendo" a realización dunhas melloras que a día de hoxe non se executaron.

*