sábado, 13 de octubre de 2012

Montaos celebra as súas festas do Rosario



Unha carpa a carón do campo de fútbol acolle o 
programa de celebracións

A parroquia de Santa Cruz de Montaos estreou hoxe un renovado espazo de festexos aproveitando a celebración da onomástica da Virxe do Rosario. Unha celebración que tivo lugar na explanada ubicada a carón do campo de fútbol e que, ademais dunha gran superficie asfaltada, contou tamén con conexións eléctricas e tomas de corrente, así como unha gran carpa para  resgardarse das inclemenzas meteorolóxicas.

Puntualmente ás 14:00 horas celebrouse unha misa solemne no mesmo espazo, seguida dunha sesión vermú que contou coa actuación do grupo Bahía Blanca. Pola Os grupos Faíscas da Pontraga e Pelexos de Montaos foron os responsables de ir animando o ambiente cos seus sonoros pasarrúas. 

Programa musical
Xa pola noite as orquestas Os Satélites e París de Noia, acompañadas da televisiva cantante Tania Veiras, puxeron a nota musical a esta xornada. Nesta ocasión a organización repartiu queimada entre todos os asistentes, que tamén poderon degustar un delicioso prato de polbo e carne á brasa tal e como manda a tradición.

*