jueves, 18 de octubre de 2012

A Asociación contra o Cancro de Ordes celebra a súa cea anual


Será o sábado 10 de novembro no restaurante El Túnel a un prezo de 25 euros por persoa

Reservas no restaurante El Túnel ata o 7 de novembro

A Asociación Contra o Cancro de Ordes celebrará o próximo sábado 10 de novembro a súa cea anual. Unha cita coa que se pretende recatar fondos para a loita contra esta enfermidade e que cada ano ve incrementarse o número de asistentes.

Como é costume o encontro terá lugar no céntrico restaurante El Túnel, onde se degustará un menú composto de pinchos variados, merluza á galega e unha ampla variedade de postres e café. O prezo por asistir a este evento é de 25 euros, cinco dos cales irán destinados á asociación. Unha vez máis os organizadores contarán coa colaboración dos establecementos e comercios do Concello, que donarán gratuitamente agasallos para sortear entre todos os comensais.

Aqueles que queiran asistir poderán adquirir a súa entrada no mesmo restaurante, ubicado na rúa Alfonso Senra, ata o 7 de novembro.

*