sábado, 20 de octubre de 2012

Castro: "O BNG está do lado dos traballadores e fronte a esas minorías que pretenden que paguemos a crise"

De esq.a der. Pablo Vidal, María Xosé Bravo, Gonzalo Castro, Paula Castenda e Gonzalo Veiras. 

Pablo Vidal: "Feijóo dixo que remataría coa crise en 45 días e hoxe, o noso país ten 113.000 parados máis" 

María Xosé Bravo reclama "máis democracia, máis traballo e máis soberanía" da mán do BNG

O BNG celebrou a pasada noite ante algo máis dun cento de veciños o seu mitin central electoral no restaurante O Túnel de Ordes. O encontro deu comezo coa intervención de Paula Castenda, do BNG de Ordes, quen centrou a súas palabras en amosar a necesidade dun “cambio de políticas e non de políticos” e de apoio ao emprego da mocidade. “Os mozos e mozas galegos e galegas se merecen un traballo digno e un futuro mellor”, expresou. 

Paula Castenda, do BNG de Ordes, reclamou máis políticas a favor do emprego da mocidade. 

"Revelémonos fronte á dereita"
“Cada día, setenta mozos e mozas abandonan este país”, denunciaba Castenda. “Vos pido que nos revelemos fronte á dereita e contra os poderes económicos”, decía. “Galiza necesita un cambio real e iso pasa polo BNG”, concluiu.

Podes ver o vídeo do mitin premando baixo estas liñas:

Pola súa parte, Gonzalo Veiras, do BNG de Ordes, denunciaba a “barbaridade” que resulta que cada vez máis xente nova abandona o seu fogar no noso país para buscar un futuro mellor noutros países. “Isto non poder seguir así, e dende o BNG imos frear esta sangría de xente nova que ten marchar fora do noso país”.

Pablo Vidal, responsable da campaña do BNG, durante a súa intervención.

"Mentiras de Feijoó"
Pablo Vidal, responsable da campaña local do BNG en Ordes expuso as “mentiras” do Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia. “Solo Núñez Feijóo ten 46 asesores que lle custa aos galegos e galegas 2,3 millóns de euros cada ano”, asegurou. “Feijóo dixo que acabaría coa crise en 45 días; hoxe, Galiza ten 113.000 parados máis”, denunciou Vidal.    

Gonzalo Castro denunciou que o Goberno de Feijóo e o PP "non entenden á xente". 

"Feijóo e Rajoy viven no mundo dos yuppies"
Chegado o turno do portavoz municipal, Gonzalo Castro, as críticas ascentuáronse na labor do Goberno do Partido Popular durante os últimos tres ano e medio. “É un Goberno que non entende á xente, non viven na realidade; Feijóo e Rajoy viven, non nos mundos de Yupi, senón no mundo dos yuppies que son os únicos aos que defenden”, afirmou. 


Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, onte durante a súa exposición.

“O BNG está do lado dos traballadores, e está fronte a esas minorías que nos queren facer pagar as consecuencias da crise: unha crise que non causamos nós, senón o gran poder financeiro”, concluiu Castro.


María Xosé Bravo, concelleira do BNG na Coruña, afirmou que "o BNG ten demostrado que está coa xente".

"Máis soberanía para Galiza"
Finalmente, María Xosé Bravo, concelleira do BNG na Coruña, expuso a necesidade dunha "maior soberanía para Galiza” e a necesidade de “crer máis no noso país” e na súa riqueza agraria, pesqueira e industrial. Asegurou que o BNG é a única forza que non ten máis compromisos fora dos galegos e galegas “e nón coma o PP, PSOE ou Izquierda Unida que teñen que mirar e consultar en Madrid o que lles convén”. 

A concelleira afirmou que “o BNG ten demostrado que sempre estivo nas rúas coa xente, nas tratoradas, nas folgas xerais, nas manifestacións estudiantís”. Finalmente rematou a súa intervención pedindo o voto para o BNG como “forza alternativa asentada en tres pilares fundamentais: máis democracia, máis traballo e máis soberanía”.

*