O taekwondista ordense Félix Vázquez, de catorce anos, posa co seu entrenador. |
Manuel Regos: "É un exemplo para a xuventude e nos fai estar orgullosos do seu traballo e esforzo"
O Concello ven de expresarlle as
súas felicitacións e o merecido recoñecemento a Félix Vázquez Millán tras
acadar a cuarta posición no campionato de España cadete de taekwondo, disputado
esta pasada fin de semana en Gandía (Valencia).
Félix Vázquez, de 14 anos de idade competiu na
categoría cadete -53 quilogramos. O takwondo acudiu a esta
competición, no que participaron un total de 245 atletas, cun equipo composto
por 17 mozos e 15 mozas. En total acadáronse dúas medallas de ouro, unha de prata
e oito bronces.
Félix
Vázquez é veciño da parroquia de Santa Cruz de Montaos e leva dende os tres anos
practicando este deporte. O seu centro de adestramento é o ximnasio Luar,
ubicado no centro da vila de Ordes e punto de referencia a nivel autonómico das
artes marciais. No seu palmarés figuran, entre outros éxitos, o de campión
galego na categoría infantil (2011), campión galego na categoría cadete (2012),
así como o de campión provincial. O seu obxetivo máis inmediato de cara ós
vindeiros meses é o de prepararse física e técnicamente para o seu ascenso á
categoría Junior.
Manuel Regos, alcalde de Ordes. |
As frases de Manuel
Regos, alcalde de Ordes
"Félix Vázquez é exemplo para a
xuventude e un deportista que nos fai estar orgullosos do seu traballo e do seu
esforzo"
"Grazas a Félix o nome do noso municipio escribiuse con letras
maiúsculas nunha das competicións máis importantes de taekwondo que ten lugar
en España"
"Dende o Concello queremos amosarlle o noso máis sincero
agradecemento e facémoslle chegar o noso apoio para continuar cunha das
carreiras deportivas máis prometedoras que se auguran no municipio de Ordes”
*