O acto central terá lugar o martes 16 no restaurante O Túnel
"O BNG de Ordes será á a
única formación política que recorrerá todas as parroquias e barrios do concello de Ordes, na campaña electoral das eleccións galegas do 21 de outubro
que acaba de comezar".
Así o anunciou o
responsable da campaña dos nacionalistas ordenses, Pablo Vidal, quen salientou
que “faremos unha campaña de
proximidade, con dezaseis actos públicos en todos os barrios e parroquias de Ordes".
“O peor presidente da historia"
Tamén o portavoz municipal do BNG,
Gonzalo Castro, fixo fincapé no chamamento á participación, salientando que “rebelarse
non é quedar na casa o 21 de outubro, rebelarse contra o sistema é
mobilizarse para expulsar do Goberno galego aos servidores do gran capital financeiro
e dos seus recortes”.
Castro apelou aos veciños e
veciñas de Ordes “prexudicados polas
políticas de Feijóo” que non volvan votar polo PP o día 21 senón “pola única forza política que lles garante
un cambio de políticas e non só de políticos, o BNG”.
O portavoz do BNG salientou que “é posible botar ao peor presidente da
historia de Galiza, que leva tres anos sen facer nada por este país” e
afirmou que “para iso a chave pasa por
concentrar todo o voto nacionalista e de esquerdas no BNG”. “Se isto ocorre o PP ten as eleccións
perdidas”, afirmou Castro.
Gonzalo
Castro acusou a Feijóo de ser “un
mandado de Rajoy”. Asegura que “Feijóo
agocha o programa de recortes masivos que ten preparados os seu xefe Rajoy para
despois das eleccións, cando pida o rescate”, denunciou. “Non é de fiar un candidato que agocha mesmo
as siglas do seu propio partido, como fai Feijóo, para ver se así despista á
xente e non o relacionan cos recortes do PP”, criticou o portavoz dos
nacionalistas ordenses.
Pablo Vidal (BNG). |
As frases de Pablo Vidal, responsable da campaña electoral do BNG de Ordes
"Manteremos un contacto directo cos veciños e veciñas de Ordes, e que terá como punto culminante o acto público central do martes 16 de outubro no restaurante O Tunel”
"Apelamos á participación dos veciños e veciñas nestas eleccións. De nada serve exteriorizar un malestar se non se participa o 21 de outubro para propiciar que mude este estado de cousas”
*