Será a partir das 18.30 horas e nela
tamén poderán participar os pais, nais e acompañantes
A biblioteca municipal de Ordes
acollerá este próximo venres 26 de outubro unha nova entrega das súas Tardes
de contos e lendas. A partir das 18:30 horas o grupo Duendecico ofrecerá o
relato ‘A viaxe do gato Lambiscas’. Unha narración que permitirá a todos os
asistentes participar nunha trepidante e emocionante viaxe plagada de
sorpresas, con destino a un mundo de ensoño na compañada dun felino moi
particular.
As Tardes de contos e lendas é unha lúdica e didáctica especialmente
orientada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos de idade. Nela tamén poden participar
e interactuar pais, nais e acompañantes. Deste xeito o Concello de Ordes
pretende inculcar o hábito á lectura entre os máis novos á par que se lles
ofrece unha primeira toma de contacto coa biblioteca e a súa ludoteca,
amosándolles os fondos e as actividades das que poden dispoñer e disfrutar ó
longo de todo o ano.
*