Unha terrorífica noite na Casa da Cultura a partir das 20:30 horas
A Cruz Vermella de Ordes celebrará por
todo o alto o Samaín cun programa de actividades no que figuran
circuitos de terror, probas de diversa índole, personaxes que farán tremer a todos
e moitas máis sorpresas.
A ‘Noite do Samaín’ está especialmente pensada para
rapaces e rapazas de 6 a
12 anos de idade. Terán lugar o sábado 3 de novembro na Casa da Cultura a
partir das 20.30 horas.
Todos os que queiran participar en dita
actividade deberán inscribirse previamente e de xeito gratuito na oficina da Cruz Vermella, ubicada na rúa
Luis Xoxardo, ou ben a través do correo electrónico cruzrojaordes@cruzroja.es. Os organizadores deste encontro tamén poñen a disposición dos usuarios o teléfono
670 261 201.
*