jueves, 11 de octubre de 2012

A pequena Lola, con paralise e hipertrofia cerebral, precisa da nosa axuda


O Concello instalou un botemóbil no que se recollerán móbiles usados co fin de recadar fondos 

O Concello de Ordes ven de iniciar unha campaña de recollida de móbiles usados co fin de recadar fondos cos que poder axudar a Lola. Esta rapaza de tres anos de idade presenta un complexo caso de paralise e hipertrofia cerebral que a fai totalmente dependente dos seus pais. Para facilitar esta labor e xestionar correctamente os terminais donados acábase de instalar un botemóbil no primeiro andar do consistório á disposición de quen o desexe.

Non é a única labor desenvolvida dende o Concello de Ordes para axudar cos elevados custos de tratamento que Lola Lista precisa. Dende hai case un ano estanse a recadar tapóns de plástico de os máis variados recipientes a través de contedores instalados en distintos puntos da vila de Ordes. Tal é a sensibilidade dos residentes deste municipio que incluso hai que falar de iniciativas levadas dende establecementos e comercios xestionados por particulares.

Todos con Lola
As persoas que estén interesadas en seguir a evolución de Lola , coñecer con máis detalle o seu caso, ou incluso establecer contacto coa rapaza e os seus coidadores, poden facer uso da súa páxina en Facebook ‘Para que Lola alcance ella solita su caramelo’, ou a través do seu Twitter @TodosconLOLA. Os que prefiran facer un donativo económico dispoñen da  conta 2080 0036 66 3000073012 en Novagalicia Banco.

*