viernes, 5 de octubre de 2012

O PP celebrará tres actos electorais en Ordes

Serán no hotel Santa Cruz de Montaos (luns 8), no restaurante Avelino do Mesón do Vento (venres 12), e na discoteca LP-45 do Campo da feira (luns 15)

Alberto Núñez Feijóo fará campaña en Ordes o luns día 15

O Partido Popular de Galicia celebrará en Ordes tres actos electorais durante esta campaña electoral autonómica. O primeiro deles será no Hotel Santa Cruz-Bar Novo en Montaos o luns 8 de outubro ás 20:00 horas, no que intervirán o concelleiro de Ordes José Manuel Mira GómezJosé Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP no Concello de Ordes); a candidata ao Parlamento de Galicia Paula Prado del Río; e Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación da Coruña.

O segundo do encontros terá lugar no restaurante Avelino do Mesón do Vento, o venres, 12 de outubro ás 21:30 horas. Nesta ocasión intervirán o concelleiro de Ordes José Manuel Gestal Sánchez; José Luis Martínez Sanjurjo e a candidata ao Parlamento de Galicia, Belén do Campo Piñeiro.

Mitin central
Por último, os populares de Ordes celebrarán un mitin central coa presencia do candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PP, Alberto Núñez Feijóo, o luns 15 de outubro ás 22:00 horas na discoteca LP-45. Acompañarán ao candidato José Luis Martínez Sanjurjo, Diego Calvo Pouso e o candidato ao Parlamento de Galicia Pedro Puy Fraga.

*