viernes, 12 de octubre de 2012

Acusan ao PP de querer vetar a Gonzalo Castro no debate electoral de Radio Ordes

Pablo Vidal: "Se a ausencia do noso portavoz municipal garante a participación do PP, cumpriremos esa condición e outra persoa representará ao BNG"

O debate electoral radiofónico que Radio Ordes ten programado por mor das eleccións autonómicas está provocando un malestar nas filas do BNG de Ordes pola falta de concreción do Partido Popular sobre si  finalmente participará ou non no debate. 

Tanto os nacionalistas como o PSdG-PSOE xa confirmaron a súa dispoñibilidade para participar o próximo xoves, 18 de outubro, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Ordes nun debate aberto ao público. Sen embargo, dende o PP se agardaba pola participación de Miguel Prado Patiño, exalcalde de Frade e candidato ao Parlamento polas filas populares, pero que a día de hoxe os nacionalistas seguen descoñecendo se finalmente participará ou non no debate. 

Pablo Vidal Ríos (BNG).
Non a Gonzalo Castro   
Pablo Vidal, responsable da campaña electoral do BNG de Ordes, afirmou que “o BNG ten confirmado a súa asistencia a este debate sen impoñer condición de ningún tipo, pero polas informacións que temos o PP ten transmitido como condición que non participe no debate Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes”

O responsable da campaña dos nacionalistas ordenses salientou que “desde o BNG lamentamos esta actitude do PP, pero se a ausencia de Gonzalo Castro no debate garanta a participación do PP, cumpriremos esa condición e representará ao BNG outra persoa, porque o importante deste debate non son as persoas, do que se trata é de confrontar os os distintos proxectos políticos e que os veciños e veciñas poidan estar informados do que defende cada candidatura, algo esencial en democracia”.

*