O candidato socialista, Pachi Vázquez, no centro; detrás, o secretario xeral local, Xesús Pedreira. |
O candidato socialista á presidencia
da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse hoxe a destinar 60 millóns de euros ao
ano para a creación de emprego feminino, que beneficiaría a integración laboral
de 28.000 mulleres en catro anos.
Viriato: 145 traballadores
Así o salientou nunha visita á
empresa textil ordense Viriato, na que estivo acompañado polo candidato pola
provincia da Coruña, José Luís Méndez Romeu e o secretario xeral da Agrupación local socialista, Xesús Pedreira. Pachi Vázquez puxo esta empresa
como exemplo da integración laboral da muller, xa que conta con 145 traballadores en plantilla, dos
que o 80 por cento son mulleres.
*