Manuel Regos: "Este libro axudará a non esquecer o pasado para non volver a cometer os mesmos erros”
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, presentou onte na biblioteca municipal do Concello de Ordes acolleu na tarde de
onte a presentación do libro El defensor, do docente coruñés Manuel Romero Mengotti.
A obra está ambientada durante a Guerra Civil, e narra vinte historias reais nas que Gonzalo Romero,
pai do autor, desempeñou un papel protagonista ao exercer de avogado
defensor de cada un dos casos expostos.
“Fai anos familiares meus atoparon unha
maleta repleta de documentación, moita da cal eran manuscritos realizados polos
propios acusados. Sempre souben que tiña que facer algo con ese material que
afortunadamente se fotocopiou xa que os orixinais cedéronse a un editor que
nunca os devolveu a pesar de solicitarllos”.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“El defensor ben plasma o que aconteceu nun momento tan difícil e
comprometido para todos”
"Lle agradezo persoal e públicamente ao autor este
libro que axudará a non esquecer o pasado para non volver a cometer os mesmos
erros”
*