Aspecto dun paso de peóns na vila de Ordes. |
Martínez Sanjurjo: "A maior parte dos pasos de peóns están despintados e
que, coa chegada do mal tempo redúcese a visibilidade, cos conseguintes riscos
para peóns e condutores"
Tamén reclamarán unha solución para os asolagamentos
que se producen en Merelle
O
Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes reclamará no Pleno ordinario deste
xoves que o Concello revise e repare todos os pasos de peóns da vila.
José
Luis Martínez, Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, recorda que o
desgaste que presenta a sinalización horizontal tradúcese en falta de
visibilidade, cos conseguintes riscos para peóns e condutores, riscos que
se incrementan considerablemente no
outono e no inverno, pola chuvia e a ausencia de luz.
Asolagamentos en Merelle
No
Pleno deste xoves, o Partido Popular presentará outro rogo para que o Concello
ofreza unha solución definitiva aos reiterados asolagamentos que se rexistran
no lugar de Merelle.
As enchentes procedentes do polígono empresarial e da
estrada N-550 inundan predios e baixos de vivendas cada vez que se rexistran
chuvias de consideración. Os veciños quéixanse de que as obras acometidas polo
Concello non resolveron un problema que se repite desde hai varios anos.
Firme e baldosas das beirarúas
Outro
dos rogos a formular, irá encamiñado a denunciar e reclamar unha solución para
o mal estado do firme e das baldosas das beirarúas da vila de Ordes, en moitos
casos desprendidas, rotas ou inexistentes.
A situación vólvese máis perigosa coas choivas, posto que estes puntos
se transforman en pozas, nas que os viandantes corren serio risco de sufrir esvaróns ou caídas.
Trasladarán
tamén os populares ao Pleno corporativo un rogo reiterando a solicitude, xa
formulada tres meses atrás, para eliminar un vertedoiro de residuos detectado
ao carón da pista denominada “cara a Ponte de Raña”, preto de Fosado, na
parroquia de Montaos.
Outros Rogos do PP
- Que o Concello dea a coñecer o custe final das
festas patronais de Ordes, celebradas entre o 14 e o 17 de agosto pasado,
solicitando que se especifique a achega municipal e o importe das doazóns
recadadas.
- Corrixir as deficiencias detectadas nos
labores de desbrozamento de algúns tramos das pistas de concentración
parcelaria.
- Arranxar os desperfectos que presenta o firme
da pista que enlaza a estrada N-550 con Pereira á altura do lugar de O
Curro.
- Dotar de alumeado público a vía de
titularidade municipal que comunica o núcleo de O Ceidón coa estrada que
une Ordes con Ponte Carreira.
- Reparar a marquesiña situada ao carón da
estrada N-550 e preto da rotonda de acceso ao Polígono, en dirección a O
Conde.
- Informar sobre as tarifas que se están a
aplicar aos veciños pola actuación dos bombeiros do parque comarcal, dadas
as queixas dos veciños que requiriron a intervención deste servizo por
incendios en vivendas ou alpendres.
- Corrixir as deficiencias detectadas nas
beirarrúas de acceso ao CEIP do Mesón do Vento, recentemente executadas, e
que, por falta de previsión, presentan pozas no acceso ao centro, o que
xera problemas aos nenos.
- Que se informe sobre as actuacións do radar
nun vehículo da DXT empregado pola Policía Local nas pasadas semanas.
- Se mellore a sinalización do ceda o paso entre a Rúa Compostela e a Rúa Reconciliación
- *