A cantante Tania Veiras será a pregoeira
O barrio ordense do Piñeiro
celebrará mañá sábado o seu día grande na honra de San Francisco de Asís. Unha
xornada de celebración e festa que dará comenzo a partir das 11:00 horas coa
música e o pasarrúas protagonizado polo grupo Faíscas da Pontraga.
Seguidamente, ás 13:00 horas, terá lugar unha misa que se celebrará no
mesmo campo da festa.
Xa a partir das 14:00 actuará Tania Veiras, que este ano será a
responsable de dar o pregón e desexarlle unhas boas festas a todos os
asistentes. Tamén teñen confirmada a súa asistencia neste día os integrantes da
Agrupación folclórica Sementes da Arte.
II Festival Rock
Amenizando a sesión vermú estará a
orquestra Madeira, que volverá a subir ao escenario na verbena nocturna. Esa
mesma noite terá lugar o II Festival Rock, que nesta ocasión contará coa
actuación do grupo local Superoito, a partir das 21:00 horas.
*