Silvia Marín, entre José Luis Gómez Candal e un representante dos produtores de grelos de Ordes. |
Celebraron onte unha nova xuntanza con ese obxectivo
Os produtores de
grelos da comarca de Ordes mantiveron hoxe unha nova xuntanza no seu proceso de
constitución dunha cooperativa. Unha cita á que acudiron 30 agricultores a
quenes se lles dou conta dos distintos modelos de cooperativas nas que se
poderían costituir.
Dende a Oficina de
Fomento de Cooperativas da Mancomunidade de Municipios da Comarca de
Ordes, pertencente á Rede Eusumo, solicitóuselles a todos eles unha serie de
datos relacionados co seu nivel de produción e extensión de terreos.
Unha vez
analizados estes datos daráselles conta das posibilidades e da rentabilidade
que poderían chegar a obter no caso de constituirse como cooperativa.
Entre as
primeiras ventaxas que se barallan nese suposto están as de poder acadar un
maior marxe de beneficios ante os intermediarios, así como os inconvintes
derivados da estacionalidade na producción de grelos.
Vender a maior prezo
Todo elo para acadar o
obxetivo final que é o de poder vender a un maior prezo. Agárdase que
aproximadamente nun prazo inferior a un mes se realice unha nova xuntanza .
Cada un dos
asistentes tiveron a oportunidade de amosarlle as súas preocupacións e dúbidas
ás distintas persoas que participaron no encontro.
Entre eles atopábanse a
tenente de alcalde do Concello de Ordes, Silvia Marín, quen lles brindou todo o
seu apoio para acadar os resultados máis beneficiosos. Tamén estivieron
presentes o edil de Medio Ambiente, Luis Gómez, ademais de técnicos de AGACA,
da Cooperativa Comarcal de Ordes e da Cooperativa Pico Sacro.
*