Falarase da comercialización do grelo a través de cooperativas agrarias
Co fin de dar a coñecer
e achegar o máximo posible a Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de
Ordes, mañá mércores celebrarase
unha xornada sobre o cooperativismo. A asistencia será gratuíta. Para apuntarse basta con acudir ás oficinas da
Mancomunidade e facilitar os datos persoais.
O encontro iniciarase ás 09:30 horas no salón
de plenos ubicado nos baixos da Alameda de Ordes coa inauguración oficial por parte do presidente da Mancomunidade de Ordes,
Manuel Regos.
Posteriormente Ana Lorenzo Vila, técnico da Rede Eusumo, falará
sobre a economía social e o cooperativismo. Inmediatamente despois será o turno
de Loli Couso Costa, técnico de AGACA, que falará da comercialización do grelo
e doutros cultivos a través dos distintos tipos de cooperativas agrarias.
Cooperativas de traballo asociado
Tras
unha pausa a xornada continuará coa charla impartida por persoal técnico
de UGACOTA sobre as cooperativas de traballo asociado e as posibilidades de
emprendemento que ofrecen. Por último, ata as 14:00 horas, realizarase unha mesa
redonda onde se porán en común e se debatirán as distintas experiencias por
parte da Cooperativa Comarcal de Ordes, Pico Sacro e LUTEGA, S. Coop. Galega.
*
*