Pedreira: "O custe non sería moi elevado xa que esta medida podería afectar a medio cento de persoas e melloraría moito a calidade de vida destes veciños"
O PSOE de Ordes presentará no
próximo pleno municipal unha moción para que o Concello de Ordes custee o
copago sanitario ao que obriga o Goberno do PP aos pacientes crónicos do municipio.
A proposta socialista xurde despois de que no pleno de setembro se aprobara unha moción socialista en contra do copago sanitario aprobado recentemente polo Ministerio de Sanidade e que afecta a preto de 200 medicamentos dende o pasado 1 de outubro.
Unha moción, aprobada a pesar da abstención do Partido Popular de Ordes, na que se insta ao presidente da Xunta de Galicia a non adoptar este copago para pacientes con tratamento oncolóxico, hepatites crónicas, esclerose múltiple e outras enfermidades, cuxos medicamentos lles eran dispensados sen custo.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista
“O custe non
sería moi elevado para o Concello, xa que vendo as estatísticas a medida
podería afectar a medio cento de persoas, pero si que melloraría moito a
calidade de vida destes veciños”
"Os veciños e veciñas terían que dispoñer dun informe favorable dos Servizos Sociais, de
xeito que esta medida beneficie a aquelas persoas que non dispoñen de moitos
recursos e que están perdendo calidade de vida debido aos distintos copagos,
repagos, subida de impostos ou perda adquisitiva das súas pensións por culpa da
política de recortes aplicada polo Partido Popular”
*