Permanecen abertas as inscricións para arte floral, costura, informática, danza Hollywood, xardinería, taichi e tapicería
A partir do vindeiro mes
de novembro máis dun centenar de veciños e veciñas de Ordes darán comenzo ás
actividades incluidas dentro do circuíto cultural e deportivo posto en marcha polo
Concello ata o vindeiro mes de xaneiro.
Os primeiros serán as 15
participantes de danza oriental, cuxas clases arrancarán o xoves 7 de novembro ás
21.30 horas no local cultural ubicado na rúa Reconciliación.
Neste mesmo espazo
ao día seguinte e dende as 20 horas será o turno para os 20 asistentes de baile en
liña para adultos, así como para as 8 parellas inscritas en bailes de salón,
quenes darán os primeiros pasos a a partir das 21 horas.
Ademais, ante a
suxestión por parte dalgúns pais e nais o Concello abriu un grupo de baile en
liña para nenos e nenas que ata o de agora conta con 11 inscritos. A cita será
no local cultural todos os venres a partir das 19 horas.
Bonecas fofuchas
Esta nova edición do
circuito cultural e deportivo tamén inclúe un obradoiro de creación de bonecas
fofuchas, no que participarán un total de 15 persoas. Será o sábado 30 novembro
a partir das 18 horas na Casa da Cultura, cunha duración de 4 horas.
Unha vez máis os cursos de cociña
rexistraron unha gran aceptación contando cun total de 22 persoas, polo que se
esta a estudar a posibilidade de realizar varios grupos. Como é costume as
clases impartiranse na Casa da Cultura
os venres a partir das 20 horas.
Outros cursos
Por outra banda permanecen abertas as
inscricións para poder formar grupos nos cursos de arte floral, costura para
principiantes, informática, danza Hollywood, xardinería de interiores e
balcóns, taichi e tapicería.
Os interesados deberán apuntarse no Departamento
de Cultura e Deportes ou ben chamar ao 981 680002 para acadar máis información.
*