jueves, 31 de octubre de 2013

Finaliza a primeira parte do proxecto Sementeira

Pepe González, Clemente Boo, Manuel Regos e Javier García, note en Ordes.
Emprendido por Cáritas, no Concello de Ordes

Manuel Regos fixo entrega dos diplomas do curso de agricultura ecolóxica e visitou os terreos 

Na maña de note clausurouse a primeira fase do proxecto Sementeira emprendido por Cáritas Ordes e no que participan preto de vinte veciños e veciñas. 

No acto de entrega de diplomas estiveron presentes Manuel Regos, alcalde de Ordes; Silvia Marín, tenente de alcalde de Ordes; Javier García Sánchez, responsable de comunicación de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela; e Pepe González e Clemente Boo, administrador e secretario de Cáritas Ordes respectivamente.

Formación e  coñecementos 
Ao longo das últimas semanas os participantes recibiron formación  e adquiriron coñecementos sobre agricultura ecolóxica, contando para elo con docentes especializados na materia. 

Un curso cunha duración total de 52 horas que se impartiu na vila de Ordes e no que os alumnos pudieron resolver dúbidas e analizar aqueles cultivos máis recomendables dada a época do ano e o tipo de terreo. 

Algúns dos aspectos dos que tamén se falou foron a producción industrial e os seus problemas, a importancia dos coñecementos tradicionais, os elementos necesarios para o cultivo dunha horta ecolóxica. 


Cultivo de hortas
Nun breve espazo de tempo dará comenzo a segunda fase do proxecto Sementeira, consistente en explotar unha parcela ubicada na vila de Ordes. 

Precisamente esta mañá o alcalde de Ordes e os membros de Cáritas citados anteriormente acudiron á finca onde se realizarán as labores de plantación e recoleción

Un terreo de máis de 8.000 metros ubicado á mesma entrada da vila de Ordes, e que foi cedido  por catro familias. 

Mesmamente esta mañá persoal da empresa encargada do suministro de augas desprazouse ata o lugar para analizar a posibilidade de instalar un sistema de rego que facilite o traballo dos participantes.

*