Marisol Gándara entre o editor Miguel Anxo Fernández Vello e a poeta Eva Veiga. |
Editado por Espiral Maior, a autora foi a gañadora do XXV Premio Xosé María Parallé, outorgado polo Círculo Mercantil e Industrial de Fene
A poeta ordense Marisol
Gándara Sánchez presentou esta semana na Coruña a súa última obra poética, Ata o corazón
da mazá (Edicións Espiral Maior).
A presentación congregou a un numeroso público da agrupación cultural Alexandre Bóveda. Entre os
asistentes atopábanse respaldando este novo proxecto editorial a poeta Eva
Veiga e o editor Miguel Anxo Fernández Vello.
Marisol Gándara alzouse o ano pasado co XXV Premio Nacional
de Poesía Xosé María Pérez Parallé outorgado polo Círculo Mercantil e Industrial de Fene, coa súa obra Testamento poético.
As frases de Marisol Gándara Sánchez, poeta
“Ata o corazón da mazá é poemario no que se lle plantexan ao lector un
gran variedade de interrogantes sobre temas como a identidade de xénero ou a
economía, cuestións filosóficas sobre os modelos e paradigmas sociais, guiños á
xuventude e aos seus estereotipos e hábitos"
"Tamén se pretende indagar nesa
parte que temos todos e que é verdadeiramente nosa e auténtica fronte a aquela
que por unhas causas ou outras proxectamos cara ós demais”
*