Martínez Sanjurjo: "Con eses cartos poderíase facer un bo festival con todos os artistas locais de Ordes"
O Partido
Popular informou onte que entende que cos 10.000 euros que o Concello de Ordes destinou a un
festival de rock celebrado no campo da feira no primeiro fin de semana de
setembro, sen asistencia de público e con grupos foráneos, poderíase ter
organizado un festival no que actuasen os grupos locais.
Na
actualidade, en Ordes existen cinco grupos musicais (Dios
ke te crew, Chícharo psicótico, A cona ye-ye, Superoito, N.O.M.) que ensaian e actúan regularmente, e ben merecen a
atención do Concello, aínda que tan só sexa un día ao ano, aseguran os populares.
Axudas da Deputación
Paralelamente, o Partido Popular denuncia que, aínda que se mantivera o
formato finalmente elixido, o Concello podería ter aforrado ata o 60% dos cartos
de ter solicitado acollerse á programación de intérpretes profesionais da rede
cultural da Deputación da Coruña para o ano 2013.
Este programa
subvenciona cun 50% o custe da actuación e do equipo, correndo o 50% restante a
cargo do concello organizador.
É dicir, tendo solicitado esta actuación o
Concello aboaría aos intérpretes pouco máis de 4.000 euros, en lugar dos 10.000 que o alcalde recoñeceu no pleno do pasado xoves.
Martínez Sanjurjo (PP). |
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Unha
vez máis, o alcalde de Ordes volveu derrochar cartos a manchea, esquecendo que
o presuposto municipal é dos veciños, aos que, por outra parte, priva de
servizos públicos esenciais por falta dos cartos que derrocha sen sentido”
“Non
só derrochou 10.000 euros, senón que o fixo nun festival ao que os veciños deron as
costas e se celebrou sen público, cos músicos tocando para as farolas”
*