Destinado a maiores de 18 anos, dará comezo o 4 de novembro
O Concello de Ordes
manterá aberto ata o vindeiro 31 de outubro o prazo de inscrición para poder
matricularse nas clases de cara á obtención do título de graduado escolar para
adultos.
Aqueles maiores de 18 anos que desexen obter esta titulación deberán
apuntarse no Departamento de Cultura e Deportes, ubicado no primeiro andar da
casa consistorial.
Nesta ocasión as clases
darán comenzo o 4 de novembro. Éstas impartiranse na aula de formación dos
baixos da Alameda de luns a venres, nun horario que vai dende as 19:30 ás 22:00 horas. Os interesados tamén poden chamar
ao teléfono 981680002 para resolver calquera dúbida.
*