miércoles, 2 de octubre de 2013

Aberto o prazo para participar nas actividades culturais e deportivas de Ordes


Danza oriental, bailes de salón e en liña, arte floral, obradoiro de bonecas fofuchas, costura, cociña, informática, danza Hollywood, xardinería e taichi 

O Concello de Ordes ven de dar a coñecer as actividades que conforman o seu novo circuíto cultural e deportivo 2013/14, as cales se desenvolverán nunha primeira quenda trimestral que vai dende  novembro ata xaneiro. 

Tanto adultos como nenos de nenas poderán practicar danza oriental, bailes de salón, baile en liña, arte floral, obradoiro de bonecas fofuchas, costura para principiantes, cociña, informática, danza Hollywood, xardinería de interiores e balcóns, taichi e tapicería entre outros. 

Inscricións e fútbol sala
O prazo para poder apuntarse irá dende o 7 ata o 17 de outubro, no Departamento de Cultura e Deporte.

Por outra banda o Concello manterá aberto ata o 15 de outubro o prazo para inscribirse na liga de fútbol sala para a tempada 2013/14. Os equipos que queiran competir deberán acudir ó Departamento de Cultura e Deporte, ubicado no primeiro andar da Casa do Concello de 09:00 a 15:00 horas. 

*