Manuel Regos: "O Concello de Ordes mostra o seu total apoio ás iniciativas empresariais que axuden aos nosos veciños a obter un futuro digno e crear riqueza"
Ordes acolleu ao longo desta mañá as Xornadas Galegas sobre Empresas de
Inserción Laboral (EIL). O encargado de marcar o inicia desta xornada de
traballo foi o alcalde e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca
de Ordes, Manuel Regos, quen destacou “a importancia da preparación e formación
nun momento no que a situación laboral actual está moi complicada e no que
calquera pode atoparse nun breve espacio de tempo en situación de exclusión
social”.
"Total apoio" do Concello
Unha vez máis, Regos quiso amosar o seu “total apoio a aquelas
iniciativas empresariais e laborais que axuden aos nosos veciños a obter un
futuro digno e a crear riqueza para o noso concello”.
As Xornadas Galegas sobre Empresas de Inserción Laboral están
financiadas polo Fondo Social Europeo, Consellería de Traballo e Benestar, II
Plan Galego de Inclusión Social, contando coa colaboración do Concello de
Ordes.
*