Polbo, churrasco e moita música e diversión
A parroquia de
Santa Cruz de Montaos celebra o pasado sábado as súas festas na honra á
Virxe do Rosario. Tras unha misa, veciños e visitantes dirixíronse ao
campo de festa, onde a orquestra Principal animou a sesión vermú.
Polbo,
churrasco e moito máis foi o que puidieron degustar os presentes á espera do
ansiado partido de fútbol entre os xogadores da S.D Montaos e as ‘vellas
glorias’ convocadas para a ocasión.
Xa pola noite os ritmos da orquestra
Olympus e da cantante ordense Tania Veiras poñeron o broche final a esta cita
festiva.
*