viernes, 11 de octubre de 2013

O PSOE de Ordes pídelle á Xunta a cesión do pozo de Fontenlas ao Concello

O pozo de Fontenlas, en Parada. 

Xesús Pedreira: "Podería ser un pozo moi útil para uso agrícola e tamén como punto de recollida de auga no caso de lume"

O PSOE de Ordes pídelle á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia a cesión ao Concello de Ordes do pozo de Fontenlas,  en Parada, para destinalo a uso agrícola e para que os helicópteros poidan aprovisionarse de auga no lugar en caso de lume forestal. 

Unha petición que o grupo municipal socialista presentará no próximo pleno municipal do Concello de Ordes.

Desbroces
Os socialistas solicitan que a Consellería do Medio Rural inclúa no seu programa de desbroces en Ordes o adecentamento do camiño entre Castenda e o Campo do Mouro, que pasa por diante deste pozo. 

Así mesmo, solicitan tamén a inclusión da pista que enlaza con Os Cestaños dende a estrada entre Mercurín e o Quinto.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista de Ordes
"Trátase dun pozo situado no lugar de Fontenlas, moi preto da liña ferroviaria, e que foi cedido pola familia Del Valle á Consellería do Medio Rural”

“Se a Consellería limpa o lugar e desbroza a pista de acceso podería ser un pozo moi útil para uso agrícola e tamén como punto de recollida de auga no caso de lume”

*