martes, 29 de octubre de 2013

O BNG de Ordes solicita axudas urxentes na rúa da Canteira



Recouso: "Non se pode empatar dúas canalizacións cando teñen distinta sección de evacuación, porque se produce un efecto embudo"

O BNG de Ordes, ven de solicitar solucións urxentes aos problemas que sofre a Rúa da Canteira na rede de saneamento.

Ramiro Recouso Liste lembra que “estas obras foron executadas a finais do 2011, dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial, e tiveron un custe de 145.000 euros

O edil nacionalista acusa a Regos de non planificar debidamente estas obras, ao non aprender do erro cometido no cruce principal da vila. "Non se pode empatar dúas canalizacións cando teñen distinta sección de evacuación, porque se produce un efecto embudo, que provoca o rebordamento polas arquetas dos sumidoiros”, asegurou.

No caso da Rúa da Canteira as tapas das arquetas están ben pechadas, a diferenza do que acontece no cruce principal, o que provocou que o pavimento da rúa se levantara literalmente, provocando grandes riadas no tramo inferior da rúa, que asolagaron unha parte do Campo da Feira.

Ramiro Recouso (BNG).
As frases de Ramiro Recouso, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Asistimos, mais unha vez, ao despilfarro de diñeiro público ao que tanto está acostumado o señor Regos, que executa obras sen a mais mínima planificación"

"Pese a levar gobernando en Ordes dende 1987, Regos non aprende dos erros que cometeu na súa xestión municipal, tirando alegremente de chequera posando cara a galería, na vez de atender os problemas reais dos habitantes de Ordes”  

*