viernes, 4 de octubre de 2013

O BNG, preocupado polos estragos das chuvias en Ordes

Estado actual dun tramo da ronda leste, denunciado polo BNG de Ordes.


Ramiro Recouso: "Exisímoslle ao alcalde que arranxe a recollida de pluviais e saneamento no cruce de Alfonso Senra co Recreo e Lagartos"

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, manifestou hoxe a preocupación da súa formación política ante os desperfectos que as chuvias de onte causaron en varias rúas de Ordes. 

Denuncian que “na intersección da N-550 coa nova Rolda Leste, produciuse unha fractura na estrada na que a recollida de pluviais cruza a N-550,

Asemade, aseguran que na rúa da Canteira volvéronse a producir desperfectos no mesmo punto que hai escasos meses, nunha obra que leva feita pouco mais de un ano.

Rúa da Canteira.
Alfonso Senra
Na avenida Alfonso Senra volvéronse a manifestar as deficiencias que sofre desde mediados da década pasada, denunciadas no seu tempo polo BNG. 

A altura da Alameda, sustituíoronse as antigas conducións de recollida de pluviais e saneamento por unhas de maior sección, pero foron entroncadas cunhas de menor sección o que provoca o efecto embudo, que provoca que as tapas das arquetas de recollidas de pluviais e saneamento salten polo aires, vertendo pola rúa resíduos do alcantarillado.

Ramiro Recouso (BNG).
A frase de Ramiro Recouso, portavoz do BNG de Ordes
“Esixímoslle a  Manuel Regos que aborde dunha vez por todas o problema da recollida de pluviais e saneamento no cruce da avenida Alfonso Senra, coas rúas do Recreo e Lagartos, e que instale unhas conducións da mesma sección en toda a Avda. Alfonso Senra”

*