O pleno da Mancomunidade de Ordes co seu presidente, Manuel Regos, no centro. |
Como contrapartida a este incremento, a Mancomunidade reclamaralle a Sogama información das súas contas e que explique o incremento dun 6,5 % en gasto de personal
O
pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acordou hoxe en sesión
plenaria extraordinaria o rexeitamento total e unánime ó incremento nun 33,5%
do canon do lixo plentexada por Sogama recentemente.
Os
representantes dos sete concellos da Mancomunidade asinaron unha moción na que
expoñen as dificultades no ámbito
municipal para facer fronte a esta suba, da dificultade de ter que trasladar
este incremento á súa veciñanza, así como a escasa marxe de maniobra e
alegacións ao tratarse dun anuncio plasmado a través dunha lei de orzamentos.
Na
moción aprobada en pleno ínstase ás empresas públicas a realizar un esforzo proporcional
ao que leva realizando o conxunto da poboación. Co fin de poder ter un criterio
máis pormenorizado de si este é o xeito de proceder por parte da sociedade, o
pleno reclámalle máis transparencia e toda a información precisa das súas
contas.
Incremento no gasto de persoal
Neste aspecto aseguran estar sorprendidos do incremento dun 6,56% en
gasto de persoal, en contraposición ás estatísticas á baixa que se dan no
conxunto das administracións e empresas públicas.
Por outra banda, tamén chama a atención da Mancomunidade que o custe medio ascenda a máis de 50.720 euros, situándose moi por riba doutras
administracións públicas.
Respecto
ao resto dos gastos da memoria dos seus orzamentos recóllese un beneficio
despois de impostos que sobrepasan os 6.624.000 euros. Sempre segundo a Mancomunidade, e tendo en conta que o sistema
de tratamento de SOGAMA é o único ao que poden adheririse a case totalidade dos
Concellos de Galicia, poderíase falar en termos prácticos dun mopolio no
servizo, polo que sería preferible tratar o citado canon como unha taxa.
En
materia de tratamento de resíduos dende a Mancomunidade de Ordes considérase
que dista moito de ser o óptimo, soterrándose unha gran parte del no seu
vertedoiro e sen esquecer que a posibilidade de que a incineración poida non
ser a opción para todos os residuos.
*