Como de costume, participará unha representación da Infantería de Mariña do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol
O acto terá lugar ás 12:00 horas no cemiterio do Piñeiro
O vindeiro venres, día de Todos os Santos, o Concello de Ordes celebrará
a tradicional misa e ofrenda floral ante a tumba de Manuel Lois García, o ‘Soldado Lois’. O acto terá lugar ás 12:00 horas no
cemiterio municipal do Piñeiro.
Como de costume o Concello de Ordes conta
novamente coa colaboración da Infantería de Mariña do Tercio Norte do Arsenal
de Ferrol. Tamén
se contará coa asistencia de representantes doutros corpos como son a Garda
Civil de Ordes, a Comandancia da Garda Civil da Compañía de Santiago de
Compostela, a Policía Local de Ordes, ademais do equipo de Goberno local e outros
membros da corporación.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Animo a todos os veciños e veciñas a participar nestes actos cos que queremos rendir unha merecida homenaxe a este home que entregou a súa vida para salvar a dos seus compañeiros e que supón un orgullo para todos nós”
*