viernes, 18 de octubre de 2013

Recouso: "As obras da Alameda convertiron a planta inferior en auténticos nichos de humidade"

Humidades no salón de plenos do Concello de Ordes, nos baixos da Alameda.

O BNG de Ordes solicita do Goberno municipal aclaración sobre estas intervencións

O portavoz do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, solicitou o pasado luns o acceso ao proxecto das obras que se están realizando, recibindo como resposta que non existía, e que, segundo do BNG, “eran unhas obras contratadas directamente polo alcalde, Manuel Regos”.

O edil nacionalista lembra que no ano 2007 realizáronse unhas obras de ampliación da Alameda, que se converteron nun auténtico “comecartos”, na que se levan investido máis de 2.000.000 de euros.

Detalle do estado actual das obras da Alameda.
Débedas
O BNG manifestou tamén que as arcas municipais non poden ser utilizadas para pagar os caprichos narcisistas dun alcalde que levou á quebra técnica ao Concello de Ordes, que acada unha débeda per cápita de 692,48 euros, é dicir case 9.000.000 euros.

Ramiro Recouso (BNG).
As frases de Ramiro Recouso, portavoz do BNG de Ordes
"Estas obras, que se fixeron coa desculpa de ubicar os espectáculos musicais das festas de Ordes para non ter que cortar a N-550 ao seu paso polo centro da vila, resultaron tal e como denunciou o BNG no seu momento, un auténtico disparate"

"As obras non só non serviron para ubicar as orquestras nas festas, senón que agora converteron as dependencias municipais, situada na planta inferior, en auténticos nichos de humidade polas filtracións de auga que sofren constantemente, facendo que os funcionarios teñan que desenvolver a súa labor nun ambiente insalubre

*