Poderase degustar churrasco, polbo e queimada
A verbena nocturna correrá a cargo da orquesta Olympus e Tania Veiras
Santa Cruz de Montaos celebrará este sábado a súa festa da Virxe do Rosario. Unha cita que arrancará ás 13:00 horas cunha misa. Tamén se contará coas actuacións das orquestras Principal, Olympus, esta última na verbena nocturna, e Tania Veiras.
A cita terá lugar na explanada situada a carón
do campo de fútbol, onde se poderá degustar churrasco, polbo, queimada e moito
máis.
Fútbol
A partir das 18:00 horas disputarase un
partido de fútbol entre a aliñación actual da SD Santa Cruz de Montaos e
antigos xogadores. Neste encontro entregarase un trofeo ao xogador de maior
idade.