O alcalde Manuel Regos, no centro, dando a benvida a Alfonso Rueda e ao resto de participantes no encontro en Ordes. |
Alfonso Rueda: "A cesión realizarase e oficializarase nun breve espazo de tempo"
O presidente da Mancomunidade de Municipios de Ordes, Manuel Regos, recibiu na mañá de onte en Ordes ao vicepresidente da Xunta de
Galicia, Alfonso Rueda, quen avanzou a inminente cesión do Centro Comarcal de Ordes para uso público.
Según Rueda ésta “realizarase e oficializarase nun breve espazo de tempo, para satisfacer a petición realizada á Xunta de Galicia no seu día”, tras a toma de decisión acordada en sesión plenaria polos concellos integrantes.
CIM
Rueda tamén quiso coñecer "de primeira man" a
situación actual e as problemáticas máis destacadas polas que están a pasar as
mulleres hoxe en día, e o de comprobar a efectividade do tratamento de
igualdade que se aplican nos concellos de Galicia.
"O CIM da Mancomunidade de
Ordes sobresae do resto polos bos resultados obtidos en aqueles proxectos que
dende él se inician”, manifestou o vicepresidente da Xunta.
Rueda quixo
alabar a súa tanto a súa administración como as labores de dirección“que poñen
de relieve as ventaxas de mancomunar este tipo de servizos, xa que ademais de
poder optar a máis axudas e de maior cuantía tamén se consegue atender a un
maior número de usuarios”.
Nesta visita tamén se contou coa presenza de Susana López Abella,
secretaria xeral de Igualdade e coa de Belén do Campo, delegada Territorial da
Xunta, ademais do exalcalde de Frades e parlamentario Miguel Prado.
*