lunes, 7 de octubre de 2013

Cáritas, a Mancomunidade e o Concello de Ordes darán clases de agricultura ecolóxica


Trátase dun curso de 52 horas para unha veintena de veciños

Contan coa colaboración da Xunta de Galicia, Asedecomor e a fundación Barrié de la Maza

Preto de 20 veciños e veciñas da comarca de Ordes forman parte dun novo programa de inserción social e laboral denominado Sementeira. Todos eles recibirán formación, tanto teórica como práctica, sobre agricultura ecolóxica por parte de persoal e docentes especializados na materia. 

Un curso cunha duración de 52 horas que rematará a finais deste mes de outubro para posteriormente comenzar unha segunda fase consistente en explotar unha pequena parcela ubicada na vila de Ordes.

Organizadores
O proxecto Sementeira está organizado por Cáritas Ordes, o Departamento de Servicios Sociais do Concello de Ordes e a Mancomunidade de Ordes

Tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Asdecomor e a fundación Pedro Barrié de la Maza.

*